lunes, 1 de noviembre de 2010

Manga

Cartel do XV Salón do Manga
Os afecionados ó manga ben seguro que xa vos enterastes que dentro dun mes se celebra o XV Salón do Manga en Barcelona

Para que non vos queden os dentes tan largos se é que non podedes ir, como xa me comentastes algúns, pasádevos a ver os novos títulos que acaban de chegar. Onda sempre, na estantería do fondo á dereita  (ubicádevos vendo este vídeo da librería que xa está colgado neste blog).

Empecemos polas postais pop up

Ultimamente os meus visitantes máis pequenos están enganchados ós libros pop up. "Alicia no país das marabillas", "As crónicas de Narnia" e outros novos que acaban de chegar. Gozan cando lles len ou eles mesmos van lendo a historia e ó mesmo tempo poden darlle vida tirando dun anaquiño de cartón. ¡A fantasía multiplícase! 

Tesoiras de manualides e cartulinas de cores
E ¿por que non trasladar ese momento máxico a unha postal para que o disfrute un "cumpreaneiro". É un proxecto moito menos ambicioso ca un libro, pero igual de ilusionante. Tomádeo como unha clase de manualidades extraescolar. A lista dos utensilios básica, aquí vola deixo: cartulina, pinturas, tesoira de manualidades e pegamento (na sección de papelería). E para as instruccións, como xa se di que unha imaxe val máis que mil palabras, mirade este vídeo de Marivi’s Pop-up World ou este outro que atopei en YouTube:
 

Acto inaugural

Ola a todos! Decidín estrenarme nesto das redes sociais despois de animarme algúns dos habitituais no Moucho a compartir os consellos e os trucos que sempre xorden cando me consultades para aparecer con detalles especiais nos cumpres e festas varias. Esta vai ser unha forma de que todos lle poidades botar un vistazo sempre que queirades e tamén de enterarvos das novidades que entran no  meu niño.

Tentarei contarvos algo tódolos días, para que vexades que non me esquezo de vós e por suposto, responder ás vosas dúbidas ou comentarios. E se vedes que me ausento deste meu espacio virtual, xa sabedes onde estou de 09:00 a 13:00 e 16:30 a 20:00, de luns a sábado, e os domingos de 09:00 a 13:30. Aquí vos deixo tamén un vídeo que gravou un amigo na librería.