Ola a todos! Decidín estrenarme nesto das redes sociais despois de animarme algúns dos habitituais no Moucho a compartir os consellos e os trucos que sempre xorden cando me consultades para aparecer con detalles especiais nos cumpres e festas varias. Esta vai ser unha forma de que todos lle poidades botar un vistazo sempre que queirades e tamén de enterarvos das novidades que entran no meu niño.
Tentarei contarvos algo tódolos días, para que vexades que non me esquezo de vós e por suposto, responder ás vosas dúbidas ou comentarios. E se vedes que me ausento deste meu espacio virtual, xa sabedes onde estou de 09:00 a 13:00 e 16:30 a 20:00, de luns a sábado, e os domingos de 09:00 a 13:30. Aquí vos deixo tamén un vídeo que gravou un amigo na librería.

No hay comentarios:
Publicar un comentario