lunes, 1 de noviembre de 2010

Empecemos polas postais pop up

Ultimamente os meus visitantes máis pequenos están enganchados ós libros pop up. "Alicia no país das marabillas", "As crónicas de Narnia" e outros novos que acaban de chegar. Gozan cando lles len ou eles mesmos van lendo a historia e ó mesmo tempo poden darlle vida tirando dun anaquiño de cartón. ¡A fantasía multiplícase! 

Tesoiras de manualides e cartulinas de cores
E ¿por que non trasladar ese momento máxico a unha postal para que o disfrute un "cumpreaneiro". É un proxecto moito menos ambicioso ca un libro, pero igual de ilusionante. Tomádeo como unha clase de manualidades extraescolar. A lista dos utensilios básica, aquí vola deixo: cartulina, pinturas, tesoira de manualidades e pegamento (na sección de papelería). E para as instruccións, como xa se di que unha imaxe val máis que mil palabras, mirade este vídeo de Marivi’s Pop-up World ou este outro que atopei en YouTube:
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario